Outro terremoto de magnitude 4,8 espertou a pasada noite non só aos palmeiros tamén aos veciños da metade do arquipélago. A illa non deixou de tremer con máis de 70 sismos na última xornada. Segundo os expertos, a illa gaña altura. Cumbre Vieja vai repartindo a súa lingua de lava polas zonas que lle faltaba por reducir a cinzas. As continuas roturas do cono están a alimentar a fonte de lava que flúe pola illa. Un dos lugares ameazados polos desbordamentos de lava é o cemiterio dos Llanos de Aridane. Agora está pechado e os enterros están a realizarse noutros municipios. O párroco do lugar segue atendendo aos seus fregueses noutros edificios a pesar de que dúas igrexas da localidade foron engulidas pola lava. Uns edificios que xa forman parte das máis de 2160 construcións que liquidou o volcán, que xa arrasou máis de 908 hectáreas.
21