A actriz Xalleira Isabel Blanco Premio “Celanova, Casa dos Poetas”


O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas” decidiu conceder o seu galardón á actriz Isabel Branco polo seu “compromiso vital con Galicia” a través dunha “impecable traxectoria profesional no ámbito do cinema e a televisión” non só en Galicia senón no resto do Estado “contribuíndo así coa súa actitude positiva e afable a cultivar unha visión amable da sociedade galega”. A XXXV edición do premio “Celanova, Casa dos Poetas” recaerá na actriz galega por “saber representar dun modo moi persoal os principais valores da sociedade como pobo, modesto e humilde” Nada en Berna (Suíza) e filla de emigrantes de terras de Xallas, a Galicia da diáspora, tan ligada aos valores que representa o proxecto cultural da ‘Fundación Curros Enríquez’ estivo presente de forma permanente na súa evolución profesional e no seu desenvolvemento como persoa, como reflicte a súa participación en ‘Un franco, 14 pesetas’ ou no proxecto televisivo ‘Pasaporte galego’.