A AD Fogar congratúlase do resultado do I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo; ‘estivo á súa altura’

1 minutes read

A AD Fogar da Xuventude e o Concello de Carballo renderon a pasada fin de semana unha especial homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, quen foi directivo fundador, socio honorífico e deportista da entidade, ademáis de xuíz de natación e membro do Comité Galego de Árbitros. Neste seu primeiro memorial no que participaron 288 nadadores e nadadoras en representación de 28 equipos, 3 deles chegados desde fóra de Galicia; batéronse un total de 10 récords galegos, o que reflicte o nivel da competición e dos participantes. No tocante ao concurso dos nadadores-as da AD Fogar compre subliñar que o sábado melloraron 14 récords do club e gañaron 10 das 34 probas da xornada; ademáis na suma de puntos FINA, Carla Jiménez foi a 3ª mellor nadadora do memorial e Manuel Souto o 5º mellor nadador. Na sesión máster do domingo bateron outras 4 mellores marcas do club e na suma de puntos FINA, Pablo Fernández rematou na 5ª praza masculina mentres que na feminina María Barca era 14ª.