15
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) asegura que pola extensión, duración e intensidade haberá unha altísima probabilidade de que se confirme a primeira vaga de calor deste verán. A vaga de calor comeza o luns, que ademais será o peor día e vai afectar sobre todo á metade sur da península. Prolongarase ata o mércores. O episodio cálido de xuño que nas previsións estaba ao límite non foi unha vaga de calor. Conforme os datos que analizou a Aemet, a axencia determinou que as temperaturas extremas daquela só afectaron unha extensión ampla do país durante dous días e non tres.