A onda de calor que sacode ao país desde o pasado domingo despídese este venres cunha fronte atlántica asociada á borrasca Betty e un descenso “brusco” de temperaturas no norte tras rexistrar este mércores o día máis cálido do verán en España.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a actual onda de calor foi “a máis intensa e prolongada” de 2023 e xa se rexistraron 17 récords de días cálidos en España, sendo o máis tórrido este pasado 23 de agosto.
Así, en puntos como Miranda de Ebro (Burgos), Tortosa (Tarragona) ou Tablada e Carmona (Sevilla) chegaron a superar os 43,5 graos de temperatura. Tamén o observatorio do Ebro rexistrou a temperatura máis alta desde o inicio das súas observacións en 1.880, cunha temperatura de 43,9 graos.