A alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, deuse de baixa do PPdeG ata que se aclaren as circunstancias polas que se vacinou xunto aos maiores e os traballadores da residencia municipal. O seu nome estaba na listaxe que o Concello enviou ao Sergas. Novo di que, como alcaldesa, exerce tamén como xefa de persoal do centro. A paralización obrigada do expediente impide que os populares galegos obteñan unha explicación a nivel interno por parte dunha exmilitante, pero fontes do partido aseguraron que seguirán investigando. Miguel Tellado confirmou que “nós temos solicitada a súa baixa cautelar, a súa suspensión cautelar do PP de Galicia. E o que lle esiximos á alcaldesa é que dea explicacións claras do que aconteu. A nós, as explicacións que deu ata o momento resúltannos insuficientes”, concluíu.
27