A aldea modelo de Infesta será epicentro dun proxecto europeo

1 minutes read

Trátase doutro proxecto que conta con financiamento por parte da Unión Europea a partir das aldeas modelo, “Aldealix”, que se materializará na de Infesta e na de Parada-Mouteira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, para impulsar comunidades enerxéticas baseadas en biomasa no territorio rural, como unha alternativa viable para producir enerxía de proximidade a partir do aproveitamento dos recursos dos montes da contorna.

“Aldealix”, presentado esta semana cunha achega de case dous millóns por parte do Feder, desenvolverá comunidades enerxéticas con redes de calor alimentadas por biomasa e complementadas con enerxía fotovoltaica, cun orzamento de arredor de 700.000 euros para as dúas aldeas modelo vencelladas ao proxecto.

O foco destas comunidades será o abastecemento de necesidades térmicas de vivendas e edificios públicos, contribuíndo á transición enerxética mediante o fomento das enerxías renovables á vez que se promove o emprego local vinculado á biomasa local forestal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?