O transcendental acordo establece o perímetro temporal da medida de graza- de 2012 a 2023- e inclúe a principal das reivindicacións do partido de Carles Puigdemont: abrir a porta aos casos da denominada ‘lawfare’ ou «xudicialización da política», tal e como reza o pacto, xa que desde Junts consideran que hai persoas que non están implicadas directamente no ‘procés’, pero que se viron danadas por un «uso estratéxico das leis». Os asinantes comprometéronse a que a lei inclúa tanto aos responsables como aos cidadáns que, «antes e despois da consulta de 2014 e do referendo de 2017, foron obxecto de decisións ou procesos xudiciais vinculados a estes eventos». Esto pode abrir a porta a que a amnistía tamén abarque a persoas que cometeron delitos que non están comprendidos directamente no proceso independentista, como a presidenta de Junts, Laura Borrás ou o colaborador do expresidente catalán, Carles Puigdemont, José Luis Alay ou o avogado do expresidente, Gonzalo Boye, todos eles procesados en delitos distintos ao proceso independentista.