A antiga discoteca ‘Hesta Kurba’ de Ribeira emprazará a futura residencia de maiores

1 minutes read

Hesta Kurba, con capacidade para mil cincocentas persoas e catromil metros cadrados, leva vinte anos en estado ruínoso.
En pleno apoxeo esta macroestrutura foi quebradeiro de cabeza para o concello, polos problemas orde pública, convertirase agora nunha residencia da terceria idade. A Xunta de Galicia enviou a solicitude de derrubamento ao concello de Ribeira. Será o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial.

Cun investimento previsto de 10 millóns de euros, contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados. Ademais, o inmoble estará dotado de máis tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como xa se fixo na residencia pública da Estrada.

Así mesmo, contará con zona axardinada exterior, así como o seu privilexiado emprazamento: ao carón da praia de Coroso e do seu paseo marítimo, e preto do hospital comarcal do Barbanza.

Con este novo centro, Ribeira e a zona do Barbanza serán o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia. Unha transformación nos coidados residenciais baseado en tres piares fundamentais: unha maior colaboración dos ámbitos social e sanitario, a incorporación da tecnoloxía ás residencias de maiores, e a introdución de melloras estruturais e arquitectónicas para que os centros sexan verdadeiros fogares.