A Asemblea Xeral das Nacións Unidas votou este mércores a favor de esixir a Rusia que puxese fin á súa ofensiva en Ucraína e retirase as súas tropas. O resultado foi de 141 países a favor e 5 en contra, con 35 abstencións, na que foi a primeira sesión de emerxencia convocada pola asemblea, que engloba a 193 países, desde 1997. O veto de Rusia impediu unha resulición similar o pasado venres no Consello de Seguridade de este mesmo organismo, pero a Asemblea non permite vetos. Entre os países que se manifestaron a favor de Rusia estaban a súa aliada sobre o terreo, Bielorrusia, ademais de Cuba, Corea do Norte e Siria. A votación chegaba pouco despois de que Moscova recoñecese por primeira vez o número de baixas de forma oficial desde o comezo da invasión de Ucraína. Segundo as súas cifras, 498 militares faleceron e 1.600 resultaron feridos. Moscova confirmou que a segunda rolda de negociacións da súa delegación coa de Ucraína en busca dun cesamento do fogo terá lugar este xoves.
35