A Asociación de Empresarios de Santa Comba apoia ‘O rural contra a violencia de xénero’

1 minutes read
  • O rural contra a violencia de xénero» é o lema da campaña que neste mes de novembro, coincidindo coa conmemoración do 25N, van levar a cabo os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia (GDRs).

Será coa participación nunha andaina organizada polo GDR Terras de Compostela, e que este sábado 13 de novembro cubrirá un pequeno treito de seis quilómetros do Camiño de Santiago, entre Trasmonte en Ames e Negreira, un itinerario comprendido na ruta xacobea entre Santiago e Fisterra, que rematará cunha videoconferencia entre os 24 GDRs de Galicia. Polas características da andaina, só poderán participar na mesma as persoas inscritas pola organización. En representación da Asociación de Empresarios de Santa Comba acudirán o seu presidente, Alberto Romar, e a vogal Inés Castro.

Programa andaina
-Ás 10:15 horas. Punto de encontro no aparcadoiro da zona de A Restreva, na entrada ao Centro Sociocultural. Entregarase a cada participante unha prenda identificativa para levar durante a andaina.
-Ás 11:00 horas terá lugar a saída en autobús ata a igrexa de Trasmonte, no concello de Ames.
-Ás 11.30 horas. Comezo da andaina dende a igrexa de Trasmonte ata a vila de Negreira, cun percorrido aproximado de 6 quilómetros.
-Finalmente, a partir das 13:00 horas realizarase unha conexión por videoconferencia cos demáis GDR de Galicia e con representantes do Goberno galego.