A Asociación Oleira de Buño afirma que non haberá Mostra se o Sr. Cañizo non se vai

2 minutes read

A Asociacion da Olería de Buño emitiu un comunicado este sábado no que afirma que non vai organizar a Mostra da Olería ata que o concelleiro Alfredo Cañizo Garrido non deixe a área da olería.

Comunicado da Asociación Oleira de Buño

Dende a Asociación Oleira queremos anunciar grandes discrepancias co concelleiro de turismo de Malpica e organizador da Mostra de Olería de Buño, o sr. Alfredo Cañizo Garrido. A Mostra de Olería de Buño é un evento no que ademáis de repercutir na economía dos e das oleiros, é unha forma de amosarlle ao resto do mundo o noso traballo, a nosa tradición e o noso pobo, por iso, non imos permitir que ninguén xogue co noso medio de vida, e que nos intente manipular mentras tira abaixo a imaxe de un dos últimos pobos alfareiros que queda en España, é por iso tamén que nos produce unha inmensa tristura anunciar que NON haberá Mostra de Olería de Buño, nin este ano nin ningún outro ata que o sr. Alfredo Cañizo Garrido, se dea de conta do dano que lle está a facer a nosa artesanía e por conseguinte ao pobo de Buño, e decida así en beneficio dun pobo e da súa tradición, desistir do seu empeño en organizar un evento onde nin o queren nin é ben recibido.

  • Asinado: Asociación Oleira de Buño

Alfredo Cañizo mostrábase sorprendido polo anuncio dos oleiros, xa que, segundo dixo, ata hai uns días traballaron de xeito conxunto na organización da Mostra. Subliñou ademais que o evento celebrarase os días 3, 4, 5 e 6 de agosto e xa está practicamente todo listo, debido a que “o Concello é quen organiza a Mostra, non son vos oleiros”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?