A Audiencia de Lugo decreta o arquivo do caso Garañón

1 minutes read

A sección segunda da Audiencia provincial de Lugo, acorda o “sobresemento provisional” e “arquivamento das actuacións” no coñecido como caso Garañón, onde figuraban como investigados o exalcalde José López Orozco e o que fora secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. A resolución da Audiencia prodúcese en resposta ao recurso formulado polas partes con respecto ao auto dictado pola xuíza Pilar de Lara para continuar a tramitación das dilixencias previas mediante o correspondente procedemento abreviado. A Secretaria Provincial  do PSOE de Lugo valorou que “por fin se fixo xustiza” co arquivo do caso O Garañón, que investigaba unha suposta trama de corrupción urbanística co  exlíder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro e o exalcalde da cidade amurallada José López Orozco como investigados.