A autopsia revela que Julen morreu despois de caer ó pozo

1 minutes read
  • O informe final asegura que morreu sobre as 13.50h, e descartan que falecese como consecuencia da piqueta

O informe final da autopsia realizada a Julen, o neno de 2 anos que caera nun pozo de Totalán (Málaga) e que foi rescatado sen vida 13 días máis tarde, determina que o pequeno morreu poucos minutos despois de caer ó pozo. En concreto, o médico forense data a morte do neno ás 13:50 horas do domingo 13 de xaneiro.

No documento, que foi asinado por ata catro médicos forenses, asegúrase que a causa fundamental da morte do pequeno foi a caída, provocándolle dous traumatismos: un na base do cráneo e outro no lateral esquerdo da cabeza, consecuencia da superficie irregular e chea de saíntes das paredes do pozo. Polo tanto, tamén se descarta que na morte do pequeno incidira a acción da ferramenta usada nas labores de rescate, tal e como apuntaba un informe de dono da leira, David Serrano que, ademais, ata agora é o único investigado no caso. A causa instrúese por un posible delito de homicidio por imprudencia.

ANTECEDENTES DO CASO

Julen caeu o domingo 13 de xaneiro a un pozo de tan só 25 centímetros de diámetro e de algo máis de 70 metros de profundidade. O seu corpo foi atopado ás 01.25 horas da madrugada do sábado 26 de xaneiro polos equipos de rescate que o buscaban desde o momento do suceso; e ás 03.29 horas logrouse subilo á superficie.