A Biblioteca de Coristanco reabrirá as súas portas con novidades e seguridade

1 minutes read
  • Libros, películas e calquera outro material en soporte físico pasarán por corentena de 14 días trala súa devolución

A Biblioteca de Coristanco abrirá dentro de pouco as súas portas e farao con moitas novidades e coa incorporación á Rede de Bibliotecas de Galicia. Entre estas novidades produciuse tamén unha reorganización do funcionamento con sucesivas fases de desescalada e con protocolos sanitarios, co fin de obter unha reapertura con plenas garantías para a seguridade dos usuarios e unha recuperación progresiva da normalidade.

Libros, películas e calquera outro material en soporte físico pasarán por corentena de 14 días trala súa devolución e antes de estar dispoñible de novo en empréstito, seguindo os protocolos sanitarios e garantindo así a seguridade de todos.

Ademais, os usuarios do local terán un agasallo: unha bolsa de tela da Biblioteca de Coristanco para levar os seus préstamos coa impresión do cadro da artista local LOLI ESPAÑA, unha imaxe moi especial que tamén é o logo da biblioteca que, co lema #navegandonunmardelibros, inicia unha nova andadura tentando ofrecer un servizo áxil e de interese.