26
A biblioteca municipal da rúa San Xoán Bautista abriu este sábado as súas portas para converterse no escenario dun obradoiro de book folding organizado pola Concellaría de Bibliotecas, que basicamente é unha técnica artística de dobrado de libros que permiten darlles unha nova vida converténdoos en obxectos decorativos ou, agora que se achega o Nadal, nun bo e orixinal agasallo para familiares e amigos. 17 persoas de diferentes idades puxéronse mans á obra coa axuda de Elena Caamaño, que é toda unha experta, e ata a concelleira Ángeles Pacoret fixo os seus «pinitos».