A borrasca Gloria causou a morte dun home de 44 anos que poñía as cadeas ao seu vehículo cando foi atropelado por unha furgoneta que perdeu o control pola neve. O suceso produciuse na vertente asturiana do porto de San Isidro, unha das zonas en aviso laranxa por nevaradas de ata 20 centímetros, do mesmo xeito que na veciña Cantabria.
Outra vítima da borrasca foi unha muller indixente que faleceu a causa do frío en Gandía. Ademais, un home faleceu na provincia de Ávila despois de que lle caera unha tella na cabeza por culpa dos fortes ventos.
Tamén faleceu unha muller por hipotermia en Valencia ademais dun home de 70 anos.
A neve que caiu en diversos puntos de España creou problemas na circulación, mentres que a previsión de choiva e vento levou a pechar o aeroporto de Alacante por precaución e ante as previsións de choivas e fortes ventos desde as 13.00 horas deste domingo ata a mesma hora deste luns, afectando a uns 190 voos, segundo AENA.