A cafetería do Centro Sociocultural de Paiosaco estará aberta de luns a sábados de 16:00 a 20:00 horas

1 minutes read

Trátase dunha instalación municipal, en servizo desde este mércores, pensada para ofrecer un espazo de convivencia e punto de encontro para a veciñanza que favoreza a vida comunitaria e acompañe a actividade que diariamente acolle o Centro Sociocultural de Paiosaco, o que é un dos espazos máis dinámicos do municipio. Nel, ademais da cafetería, atópase a biblioteca municipal, desenvólvense cursos e programas formativos nas aulas, é empregado para reunións e actividade do tecido asociativo municipal e, no auditorio, lévanse a cabo programas culturais (teatro, contacontos, etc.) e sociais (Seráns de Baile) organizados polo Concello que reúnen a persoas de todas as idades. A apertura da cafetería, que estará dispoñible para todos os públicos, faise unha vez actualizadas as instalacións e mellorados os equipamentos para ofrecer un mellor servizo aos seus usuarios.