A cita será a partir das 18:00 horas, trátase dun espectáculo protagonizado pola actriz Rogelia dos Outeiro interpretando a unha muller maltratada física e psicoloxicamente. A obra, enfocada a maiores de 12 anos, está dirixida por Fran Rei e inspirada no monólogo de Darío Fo La donna sola. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Esta era unha das funcións incluída inicialmente tanto nos Venres Teatrais como no programa municipal en torno ao Día internacional contra a violencia de xénero e que o Concello tivera que aprazar no seu momento ante as medidas preventivas específicas establecidas en novembro na Laracha polas autoridades sanitarias por causa da pandemia.
Na organización desta proposta cultural colabora co Concello a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e no marco do programa FalaRedes 2020 e do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.