33
- Será este sábado, ás 18:00 horas, na Casa de Pedra
O Concello de Camariñas celebrará o Samaín este sábado, 30 de outubro, co espectáculo musical A casa do terror, de Xoán Curiel e A banda do verán. Será na Casa da Pedra a partir das 18:00 horas.
A función está dirixida principalmente a un público infantil e familiar. A entrada é de balde ata completar aforo, e os asistentes poderán acudir disfrazados para mimetizarse co ambiente festivo.