Segundo os datos divulgados pola Comisión Europea, a central térmica de As Pontes (A Coruña), propiedade de Endesa, é unha das 30 empresas que máis contamina dentro do continente europeo. Séguenlle as centrais térmicas de Aboño (Xixón), propiedade de EDP, e a de Litoral (Almería), tamén propiedade de Endesa. As Pontes, que se atopa no posto 17, expulsou á atmosfera 7,9 millóns de toneladas de dióxido de carbano, un 2,2% menos que o ano anterior. Pero non están soas, xa que case 1.200 empresas españolas figuran no listado de compañías máis contaminantes de Europa.
Os novos datos comunicados pola Comisión corresponden ó réxime de comercio de dereitos de emisión da UE, a principal ferramenta europea de loita contra o cambio climático. As cifras mostran que en 2018 as emisións totais creceron un 3,5% con respecto ao ano anterior, segundo a análise de Sandbag, un think tank (laboratorio de ideas) a favor da loita contra o cambio climático con sé en Bruxelas.
Todos os sectores reduciron as súas emisións de gases de efecto invernadoiro menos a aviación, que as aumentou un 8% en só un ano, segundo os datos publicados pola UE. De feito, Ryanair sitúase no posto 9 dentro do ranking, conseguindo que, por primeira vez, unha aerolínea se cole no top 10. Polo xeral, as centrais térmicas que producen enerxía eléctrica sitúanse nos primeiros postos, e este ano, a central de carbón Belchatow de Polonia, encabeza o listado.