A choiva axuda a controlar o lume en Asturias

1 minutes read

En 72 horas, as chamas do centenar de incendios que arrasaron o principado de Asturias xa acabaron con miles de hectáreas. Avivadas por refachos de ventos de ata 100 quilómetros por hora e temperaturas que roldan os 30° C, obrigaron a desaloxar a 400 cidadáns, pechar colexios e cortar estradas.

As choivas e o cambio de dirección do vento contribuíron este sábado a facer fronte a esta onda de incendios, a peor desde 2017 tras queimar xa unhas 11.000 hectáreas, e reducir a unha vintena o número de focos, xa estabilizados. A melloría da situación levou ao Goberno do Principado a rebaixar a fase 1 a situación de emerxencia do Plan Especial de Protección Civil por Incendios Forestais (INFOPA), ao non haber perigo para as persoas e os seus bens.

O conselleiro de Medio Rural e Cohesión Territorial do Gobierno de Asturias, Alejandro Calvo, dixo aos medios nacionais que as chamas son intencionadas: “Non sabemos cal é o fondo, pero evidentemente é unha onda de incendios provocados que non ten precedentes”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?