Faise através da intervención Espellos realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela. Manolo Paz aclarou que o nome de Espellos provén desa imaxe que todo camiñante ten en mente da Catedral, como fin último da peregrinación ou do Camiño, e que a fiestra central destas dúas esculturas lle permiten reflectir uns chanzos antes da chegada.
Nesta conexión, o artista tamén precisou que a construción en pedra —obtida da cantería compostelá de Lamas de Abade— remite ex profeso aos numerosos valados dos sendeiros interiores das diferentes Rutas Xacobeas e como apostou polo dobre arco —tan característico do románico e tan presente na arte do Camiño— para construír a apertura ocular interior desde a que se encadra o visionado da Catedral.
Nesta argumentación simbólica, o artista tamén apelou finalmente á cultura castrexa, con tanto arraigamento en Galicia, xa que nun xogo de perspectiva os Espellos remiten aos castros celtas, neste caso elevados en vertical, en vez de xacentes no chan.