A CIG anuncia a convocatoria de folga xeral en Galicia para o 11 de novembro

1 minutes read

Con esta iniciativa a central nacionalista dá un paso máis na campaña de mobilizacións e propostas lanzada en setembro baixo o lema ‘A suba dos prezos que a pague o capital. Queremos vivir dignamente’ para facerlle fronte ao actual contexto de emerxencia social, no que a imparábel suba dos prezos e as dificultades para acceder a unha vivenda están a empobrecer a clase traballadora e a imposibilitar unha vida digna para a maioría social.

En concreto, a CIG reclama do Goberno central e da Xunta un Plan de Choque con medidas que garantan de xeito inmediato, entre outras cousas, a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) até os 1375 euros mensuais neste 2026, o dereito á vivenda, a intervención pública nos sectores estratéxicos, unha maior protección social e o reforzo dos servizos públicos.

A data coincide coa proposta do Sindicato de Inquilinas e tamén coa mesma data prevista polo resto de sindicatos, UXT e CCOO.