A cita máis importante do atletismo galego contou coa participación de seis carballeses

1 minutes read

Seis atletas de Carballo representaban á A.D Fogar no Campionato Galego Absoluto de Atletismo ao Aire Libre nas renovadas pistas da Universidade de Santiago de Compostela. A cita máis importante do atletismo galego contou coa participación de cincocentos atletas achegados de todos os recunchos da comunidade. No que á A.D. Fogar respecta tomaron parte, Andrea Lamas (200 e 400 m.l.), Anxo Bello e Iago Prada (1.500 m.l.), Diego Grille (400 m.l.), José M. Negreira (altura) e Pedro Mesejo (4 x 400 m.l.), entre os que acadaron dous cuartos postos e tres mellores marcas do club. Os cuartos postos foron para o sub18 Negreira no concurso de altura cunha mellor marca persoal e do club de 1.77 e para o cuarteto masculino dos 400 m.l. que establecía o mellor rexistro do club con Grille, Mesejo, Negreira e Prada en 3.40.04. Outra das destacadas do sábado foi Andrea Lamas, semifinalista nos 200 m.l. cunha mellor marca persoal e do club de 27.74 e novena clasificada nos 400 m.l. E no Galego sub14 ao Aire Libre de O Barco, Manuel Reino de 13 anos acadaba con 3.29.31 unha mellor marca persoal e do clube nos 1.000 m.l.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?