A Comisión Europea multa a dúas empresas farmacéuticas

1 minutes read

A Comisión Europea impuxo un total de 60 millóns de euros en multas a dous laboratorios farmacéuticos. As compañías acordaron entre elas atrasar a introdución na UE de «unha versión xenérica” dun medicamento para os trastornos do soño. As empresas son a israelí Teva e a estadounidense Cephalon. Por esta infracción, que durou de 2005 a 2011, cada unha foi multada con 30 millóns de euros. A vicepresidenta de Competencia da Comisión, Margrethe Vestager, deixou claro que é ilegal chegar a acordos para manter fora do mercado medicamentos máis baratos. O caso afecta ao Modafinil, o produto máis vendido de Cephalon e un fármaco importante para os pacientes que padecen narcolepsia. As principais patentes que protexen ao Modafinil caducaron en 2005 en Europa, pero Teva acordou manter o medicamento xenérico fora do mercado europeo a cambio de compensacións económicas.