A concurso a instalación dun posto de venda ambulante na área recreativa de Gabenlle, na Laracha

1 minutes read
  • A próxima semana publicaranse as bases do procedemento no BOP

O Concello da Laracha sacará a concurso a instalación dun vehículo de venda ambulante na área recreativa de Gabenlle ao considerar que pode ser «de interese para usuarios», sobre todo no verán, cando hai máis afluencia de persoas.

Na próxima semana publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases que rexerán o procedemento, dirixido exclusivamente a persoas físicas ou xurídicas que se atopen legalmente constituídas para exercer a actividade de venda ambulante. Trala publicación, o prazo para a presentación de ofertas será de 30 días. O único criterio obxectivo de valoración será o prezo ofertado, sendo o mínimo de 500 euros anuais.

Segundo se estipulan nas bases, o vehículo poderá vender unicamente xeados, refrescos, lambetadas, froitos secos, bocadillos ou similares. Terá autorización para situarse xunto á entrada principal da área recreativa durante a época estival entre as 10:00 e as 22:00 horas, sendo a concesión ata o ano 2024. Ao remate de cada xornada deberá ser retirado da vía pública.