A Consellaría de Sanidade derivou 417.000 doentes á privada en 5 anos

2 minutes read
As derivacións de pacientes desde o sistema sanitario público é a principal vía de negocio da sanidade privada. O Goberno galego entregou aos operadores particulares do sector da saúde 2.500 millóns entre 2011 e 2021, que representan perto de 40% da súa facturación. O número de persoas transferidas desde o Sergas aos hospitais privados entre 2017 e 2021, último ano con datos, superou as 400.000.

A Consellaría de Sanidade leva sen ofrecer cifras sobre a derivación de pacientes á sanidade privada desde maio de 2022. O órgano de fiscalización (O Consello de Contas) lembraba que “ao obviarse a vía estabelecida na lexislación de contratos públicos”, non existe expediente de contratación e, por tanto, “carécese de pregos que regulen a contratación, de oferta ou de contrato que estabeleza e ordene os dereitos e obrigas das partes”.

As relacións entre os grupos sanitarios privados e a Xunta de Galicia levan anos no foco do Consello de Contas. No seu último informe, o organismo dirixido naquela altura por José Antonio Redondo afirmaba que “o Sergas está a utilizar a autorización de uso temporal como unha forma ordinaria de contratación, de maneira directa, sen concorrencia, publicidade e igualdade de trato, de servizos sanitarios non concertados”.

Nos últimos datos aportados pola Consellería de Sanidade de maio de 2022, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Jorge Aboal, sinalou que a Consellaría de Sanidade derivou entre 2017 e 2021 un total de 117.000 cirurxías e 300.000 probas diagnósticas á sanidade privada, é dicir 417.000 persoas. Os datos son superiores ao quinquenio transcorrido entre 2013 e 2017. Nese período, o Sergas derivou 348.415 doentes a centros privados cos que mantiña algún tipo de concerto económico. 125.904 destas derivacións correspondíanse con cirurxías e 222.511 con probas diagnósticas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?