A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitan ás cinco da tarde deste venres unha actuación acometida cunha axuda da Xunta para espazos naturais protexidos na praia de Seaia, en Malpica de Bergantiños.
Unha hora máis tarde visitarán tamén o sendeiro do Saldoiro, un pequeno roteiro litoral que parte do centro da praza de Eduardo Vila Fano en Caión (A Laracha) bordeando a praia ata o arroio de Figueirido e adentrarse no municipio de Carballo.
Son apenas dous quilómetros onde se pode divisar de lonxe a vila de Malpica e observar as manobras dos numerosos surfeiros que cada día están a buscar as ondas en Salseiras. Un trazado que foi distinguido como «Carreiro Azul» e que se prolonga polo oeste ata as inmediacións da praia e lagoa de Baldaio.