A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a casa do maior de Laxe

1 minutes read

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este luns a casa do maior de Laxe, un dos 20 primeiros centros creados na comunidade coa primeira convocatoria de axudas a este tipo de instalacións. A conselleira destacou que estes pequenos centros de día permiten que os municipios que non contan con recursos de conciliación poidan ofrecer terapias e actividades ás persoas maiores dentro do seu entorno. Tras o éxito da primeira orde de axudas, o Goberno galego decidiu ampliar a súa extensión para chegar a máis xente.

Esta nova orde permitirá crear 71 centros dos cales 21 estarán na provincia da Coruña, 15 na de Lugo, 26 na de Ourense e nove na provincia de Pontevedra. Fabiola García sinalou que Laxe converteuse nun modelo a seguir nos coidados das súas persoas maiores. Mostra diso é que outros concellos da zona como Ponteceso, Camariñas, Muxía, Carnota, Mazaricos ou Cee abrirán casas do maior.

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución da orde de axudas de casas do maior, a través da cal a Xunta creará 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos.