A titular deste departamento autonómico, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, trasladoulles esta información ao presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e a representantes das asociacións provinciais e da Cámara de Contratistas de Galicia. Neste encontro, por videoconferencia, abordáronse a evolución das obras públicas promovidas pola Xunta e as medidas de prevención da saúde adoptadas con motivo do COVID-19. Así, constatouse que nos traballos, que se desenvolven ao aire libre, maioritariamente, se están a seguir as recomendacións para evitar contaxios. O Goberno galego puxo á disposición dos profesionais da construción unha guía de recomendacións de seguridade específicas para as obras elaborada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Tamén se habilitou unha canle para a adquisición de material de protección, máscaras e guantes, a prezo de custo.
Declaracións da conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.