33 Declaracións da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou ao presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e aos representantes das asociacións provinciais, da reactivación inmediata de traballos e trámites administrativos en obra pública que supoñen a mobilización este ano dun investimento autonómico de 160 millóns de euros e garanten 1.400 postos de traballo en 2020. A Xunta e o sector da construción coincidiron na prioridade de garantir a seguridade dos traballadores, velando polo estrito cumprimento das medidas para evitar riscos de contaxios. A responsable de Infraestruturas trasladoulle o apoio e colaboración da Xunta, que xa puxo á súa disposición unha guía de recomendacións de seguridade específicas para as obras.