A Consellería de Sanidade elaborará unha guía de fisioterapia para atención primaria


Esta iniciativa é unhas das propostas realizadas aos grupos de traballo de mellora da atención primaria cos que a Consellería de Sanidade está a traballar para reformular o primeiro nivel asistencial. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no marco da primeira xornada da Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SOGAFI), centrada na aproximación interdisciplinar á persoa con dor, evento que ten lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego dixo que a dor é a segunda causa de consulta en atención primaria e máis do 50% das consultas están relacionadas coa dor crónica, presentando ademais unha distribución desigual en razón do sexo, xa que se estima que o 61% das persoas que a presentan son mulleres.