Loli España, artista, licenciada en dereito e exfuncionaria pública, natural de Coristanco, retoma o pracer de expoñer (que non de pintar que non deixou nunca) presentando as súas obras na Casa de Galicia de Madrid co grupo «Galeoska». Presenta algúns dos seus traballos na exposición «Galicia, Terra do Atlántico», unha exposición que continúa aberta ao público ata o próximo 1 de decembro.
Galeoska é un grupo de artistas galegos/as de diferentes disciplinas que se agrupan entorno a unha mesma paixón que é a arte. Nace no 2018 da man de dous artistas Martina Bugallo e Sergio Ribeiro (Fundadores).
Este grupo organiza xornadas formativas, workshops, mostras colectivas..feiras de arte, revista Galeoska,.etc, baixo un lema de igualdade e coperación entre os seus integrantes. Non é unha asociación como tal, e un grupo pero este feito non impide que este grupo artístico desenvolva numerosas actividades comúns ao longo do ano.
En Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte) todos/as os/as artistas son valorados e respectados por igual, apóstase pola non discriminación, contorna a idade, xénero, anos de experiencia na disciplina artística…
Galeoska son individualidades que se agrupan para un mesmo fin que é facer arte achegando novas creacións ao patrimonio e a cultura galega.