A Coruña acolle o cumio hispano-alemán

1 minutes read

Ao evento acudirán o xefe do Goberno español, Pedro Sánchez e o chanceler Olaf Scholz.

O delegado do Goberno e a alcadesa da Coruña visitaban nas últimas horas o recinto de Palexco para supervisar as instalacións que acollerán este mércores e xoves o cumio bilateral España-Alemaña baixo un amplo dispositivo de seguridade.

A intención é que o cumio non dificulte a mobilidade na cidade, e para iso as administracións traballaron en coordinación durante semanas. Pero as delegacións dos dous países non pasarán desapercibidas. O presidente Sánchez e o chanceler Sholz viaxarán con 15 ministros. Na axenda: a crise inflacionista, a invasión de Ucraína ou o mercado enerxético europeo. Coa cidade galega como foco do debate político.

En 2014 Santiago de Compostela acolleu o cumio entre os dous países. Agora é A Coruña a sede desta cita política onde España e Alemaña definirán a súa relación bilateral futura.