35
- O evento celebrarase esta fin de semana, do 27 ao 29 de setembro
A cidade herculina foi elixida para presidir o XX Congreso Nacional sobre Ludopatía que cada ano organiza a FEJAR, a Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados.
Durante esta fin de semana, do 27 ao 29 de setembro, A Coruña acollerá un congreso que estará centrado na concienciación e na rehabilitación, aínda que tamén se tratarán outros temas relacionados co sector do xogo.
O evento terá lugar na Fundación Barrié, e na súa organización tamén participa a Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) en colaboración co Concello da Coruña.