A Coruña acollerá o congreso nacional sobre ludopatía

Fonte: fejar.org

  • O evento celebrarase esta fin de semana, do 27 ao 29 de setembro

A cidade herculina foi elixida para presidir o XX Congreso Nacional sobre Ludopatía que cada ano organiza a FEJAR, a Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados.

Durante esta fin de semana, do 27 ao 29 de setembro, A Coruña acollerá un congreso que estará centrado na concienciación e na rehabilitación, aínda que tamén se tratarán outros temas relacionados co sector do xogo.

O evento terá lugar na Fundación Barrié, e na súa organización tamén participa a Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) en colaboración co Concello da Coruña.

Programa e inscricións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha