O concello da Coruña ampliará esta fin de semana a zona peonil no paseo marítimo co fin de facilitar a práctica do deporte e garantir a distancia social. Así, habilitaranse os dous carrís contiguos ao paseo ao longo de todo o seu percorrido, para favorecer que se cumpran as medidas de seguridade nos distintos tramos horarios habilitados para corredoras/es, ciclistas e viandantes, xa sexan persoas adultas ou nenas/os, tal e como explicou a alcaldesa, Inés Rey. A intención é a de establecer este dispositivo cada fin de semana e amplialo se é necesario a toda a semana. A alcaldesa apelou á responsabilidade e ao compromiso da cidadanía para respectar o proceso de desconfinamento e cumprir os tramos horarios para saír á rúa, co fin de evitar riscos.
29