A Coruña en feminino ofrece unha ruta pola cidade a través de seis dos seus referentes

1 minutes read

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou na praza de María Pita a nova APP A Coruña en Feminino, unha iniciativa pioneira que se enmarca dentro dos actos conmemorativos polo 8M, e que xa se pode descargar de modo que a veciñanza se achegará á vida de seis mulleres emblemáticas a través da tecnoloxía da realidade aumentada, entre as que se atopan Elvira Bao, Concepción Arenal ou Fanny Garrido.

A edila explicou que se trata dunha forma sinxela e dinámica de visibilizar o legado destas referentes que tiveron unha vinculación estreita coa Coruña. As seis localizaranse en diferentes puntos da cidade, en que deixaron fondas pegadas, e todas están caracterizadas segundo a súa época, polo que coinciden en aspecto coa imaxe que gardamos delas grazas ao traballo da empresa Xoia Software. Así, o Goberno de Inés Rey pretende darlle exemplos á mocidade de mulleres que acadaron grandes metas en ámbitos en que apenas tiñan presenza daquela e noutros por impulsaren novos métodos de aprendizaxe como María Barbeito.