A Coruña recibe un cargamento con 18.000 toneladas de millo ucraíno

0 minutes read

Trátase do primeiro envío de cereal a través dunha nova ruta marítima aberta polo Báltico para sortear o bloqueo ao que a Armada rusa somete os portos ucraínos do Mar Negro desde que comezou a guerra. O millo será almacenado e posteriormente enviado ás fábricas que elaboran o penso para o gando. O cereal foi transportado por estrada desde as fronteiras ucraínas con Romanía e Polonia ata o porto polaco de Swinoujscie, onde foi embarcado no cargueiro Alppila, que antes de partir cara A Coruña fixo escala no porto alemán de Brunsbüttel.