A Costa da Morte elixida como un dos mellores roteiros de España para percorrer en moto

1 minutes read

Os usuarios da compañía de seguros Cleverea elixiron os mellores percorridos para gozar sobre dúas rodas en España. É o resultado dunha sondaxe realizado por esta firma tecnolóxica do segmento insurtech que deseña e comercializa seguros 100% dixitais sobre os roteiros máis bonitos e interesantes de España para percorrer en moto. Cantís, faros e praias son as claves que destacan deste roteiro que comeza en Arteixo e termina no cabo Fisterra. Percorrer a Costa da Morte é gozar da boa gastronomía e contemplar os seus bonitos pobos e enclaves pesqueiros, como Caión, Corme-Porto, Malpica, Laxe, Camelle ou Camariñas. É un camiño que, bordeando a costa, pode chegar a sumar 200 quilómetros, un imprescindible para quen busque a tranquilidade este verán, conclúen.