33
- A comarca está conformada por 17 concellos
A alcaldesa de Vimianzo e presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, defendeu este venres en FITUR o Xeodestino Turístico da Costa da Morte, integrado por 17 concellos. Rodríguez destacou «o valor como conxunto territorial» de toda a Costa da Morte e convidou aos alí presentes a visitar a comarca para «contemplar en primeira persoa todo o que temos que dicir».
A esta presentación acudiron varios representantes da comarca como as rexedoras de Camariñas e Cee, Sandra Ínsua e Margarita Lamela, respectivamente; o alcalde de Muxía, Iago Toba, e o de Dumbría, José Manuel Pequeño. Tamén asistiron a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor.