«A cultura é un dereito»

0 minutes read

Así titula a Deputación da Coruña un vídeo que lanzou a través das súas redes sociais co que quere apoiar ao sector, un dos máis castigados pola crise do coronavirus. Numerosas persoas vinculadas ao ámbito artístico protagonizan as imaxes gravadas en diferentes escenarios e alzan as súas voces en defensa da actividade cultural de Galicia. Trátase do novo vídeo da Deputación da Coruña, logo dunha serie de seis producións audiovisuais a través das que percorría os 956 quilómetros da costa coruñesa.