A Cultural Leonesa fíxose máis líder en Carballo ante o Calvo Basket Xiria (67-85)

1 minutes read

Os xogadores do equipo carballés estiveron toda a semana adestrando duro para chegar o mellor posible a esta cita ante o líder da categoría e así foi, pero tan só o que durou o primeiro cuarto, onde os leoneses entraron algo durmidos á cancha e acusaron a falta de puntería e o bo inicio do Calvo Basket Xiria que o gañaba por 28-20. A base de afinar e mellorar a defensa, a Cultural rozaba o empate cando quedaban 2.30 para chegar ao descanso do partido, que alcanzaron xa por diante do equipo carballés, (44-48). A partir da segunda metade, o conxunto leonés despregou todo o seu potencial para alcanzar os minutos máis competidos do partido durante ese terceiro cuarto, 16-22, que se pechaba con vantaxe de dez puntos para os visitantes sobre os locais. A Cultural aguantou con comodidade o resultado no último cuarto onde volvía sumar con diferenza sobre o Calvo Basket Xiria, 7-15 e un resultado final contundente de 18 puntos arriba, 67-85. Rubén Rey foi o xogador local Calvo da xornada con 17 puntos e 7 rebotes. Por parte da Cultural destacou Fede Copes, con 21 puntos e 10 rebotes.