24
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañados por técnicos do departamento provincial de estradas e concelleiras do goberno municipal visitaron esta senda peonil que conecta Ares e Redes, que conta con algo máis de 3 quilómetros, a maior parte nunha longa recta que permite camiñar con seguridade nas marxes deste vial, que carecía de beiravías. O alcalde de Ares agradeceu este investimento da Deputación nunha das súas estradas, que supón unha notable mellora da seguridade viaria no municipio.