A Deputación da Coruña reforza o servizo de Teleasistencia

1 minutes read

A Teleasistencia da Deputación está funcionando con normalidade, aínda que se está a facer un especial esforzo no contacto periódico cos usuarios e usuarias do servizo para verificar o seu estado de saúde e para transmitir información sobre a importancia de manter determinadas normas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social que contribúan a frear a propagación do coronavirus. O Goberno provincial lembra que aínda é posible tramitar novas altas no servizo de Teleasistencia, que a Deputación da Coruña presta de xeito gratuíto nos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.
As novas altas tramitaranse a través dos servizos sociais municipais, en base ás circunstancias sociais e persoais do novo/a usuario/a.