- Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos como demandantes de emprego.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o anuncio do proceso selectivo para a contratación temporal de oito traballadores/as no Concello de Cee. As prazas corresponden a oito peóns para a realización de obras e servizos municipais.
Todos os traballadores e traballadoras serán contratados por un período de 7 meses. Os custos laborais e de Seguridade Social son asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), que este ano duplica o seu orzamento co obxecto de contribuír a paliar as consencuencias da pandemia.
Os operarios seleccionados integrarán unha cuadrilla de obras destinada a realizar obras e traballos de reparación, mantemento, acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal coma parques e xardíns, vías públicas ou beirarrúas
As bases da convocatoria pódense consultar BOP deste luns. As solicitudes tramitaranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Cee ou a sede electrónica do Concello (https://sede.cee.gal) no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir deste 23 de marzo.