A deputada provincial Ana Lamas visitou en Narón a Asociación Aurega

1 minutes read

Esta Asociación está dedicada a dar información, asesoramento e axuda ás familias de nenas e nenos con altas capacidades. Ana Lamas destacou o gran traballo que realiza a asociación e incidiu na importancia de traballar coordinadamente coas comunidades educativas dos centros escolares para aproveitar o potencial deste tipo de alumnado. O presidente da entidade, Marcos Antonio Castro, e os membros da directiva explicaron á deputada as diferentes actividades e obradoiros que desenvolven para detectar e estimular o talento dos pequenos, moitos deles coa colaboración da Deputación da Coruña. «Moitas veces asociamos as altas capacidades a un alto rendemento escolar, e non sempre é así. Por iso é importante detectar e saber enfocar a aprendizaxe destes nenos e nenas, tanto na familia coma na escola. Neste eido, Aurega está realizando un gran traballo», sostivo Ana Lamas.