A deseñadora Inés Fernández volve á Mostra cunha colección de moda nupcial diferente

1 minutes read
  • Un total 24 noveis deseñadores formarán parte do trixésimo aniversario deste evento

A deseñadora máis nova da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, Inés Fernández, repetirá título durante a XXX edición. Nesta ocasión compartirá co público a súa colección de noiva composta por catro traxes que mostrarán diferentes siluetas para a protagonista, abrindo horizontes a novas composicións. «Para min é un auténtico privilexio poder estar por segundo ano consecutivo aquí, nun aniversario ademais, que sempre é moi especial», comenta Inés.

Durante esta trixésima edición un total de 24 deseñadores participarán no XXVII Concurso de Noveis Deseñadores: Ester Álvaro, Nuria Aragón, Isabel María Conde, Lucía Forjanes, Anna García, Iria López, Rocío Molina, Alba Cobos, Joaquín Ruiz, Josu Santos, José Daniel Teriffe, Jaione Ventura, Sara Alonso, Flavia Cristina Alves, Beatriz Anido, Judith Martín, David Miguel Mato, Rebeca Mercado, Violeta Paramio, Uxía Rodríguez, Candela Rodríguez, Alba Fernández, Naiara Veiras e Noelia Vila.

En dous grupos, A e B, presentaranse as coleccións de xeito anónimo e será o xurado, composto por grandes nomes da moda, quen deliberará para saber a que se alzará co premio, precedendo a Yolanda Román.

Venda de entradas

Os tíckets poderán adquirirse no portelo de acceso aos pavillóns: dous euros a entrada xeral, dous euros por cada desfile e tres euros por un paquete composto de entrada xeral e desfile. Tamén será posible mercar unha entrada para pasarelas que se realizarán outros días.