34
O pleno da Deputación da Coruña deu luz verde ao proxecto de mellora do firme da estrada DP 1904 de Feira de Berdillo ao Moucho ao longo dos seus 2,5 quilómetros, que suporán un investimento de 310.777,69 euros.
As obras inclúen traballos previos de limpeza, fresado e regularización das zonas danadas ou deformadas e a aplicación dunha nova capa de mestura bituminosa en quente.